2021 deixa once camiños rurais pavimentados despois de rematar as obras en Silvestre-Troncosa
Por Redacción
María Ramallo, alcaldesa de Marín, visitaba en compañía de Pablo Novas, concelleira de Medio Rural, as obras finalizadas en Silvestre-Troncosa. Estes traballos de pavimentación, segundo o goberno local, buscan manter as infraestruturas do municipio facilitando os accesos á veciñanza.
Durante este 2021 asfaltáronse, ademais desta via, outros dez camiños que forman parte do proxecto de pavimentacións no rural deste ano. O investimento ascendeu a 180.000 euros con cargo ao Plan Concellos da Deputación.
Tamén se traballou en Arealonga, Carballal, Camiño de San Blas (Aguete), Currás, Fixón, Miñán, Os Tombos, Os Picotes, Cividanes e Agrovello, camiños que contaban con deficiencias no pavimento e que provocaban problemas no tránsito habitual de vehículos. Segundo o goberno local, estas obras permiten que continúen sendo vías vertebradoras do rural e, ao mesmo tempo, ofrezan seguridade e comodidade nos desprazamentos.
Ramallo indicou que agora comezarán a traballar na estratexia para 2022 comprobando que viais precisan de melloras. Durante a visita, os representantes municipais estiveron acompañados por residentes en San Silvestre que trasladaron as súas demandas para a zona.
Relacionadas:
-
Batería de melloras en camiños e mobiliario do rural marinense
Por Redacción |
-
A pavimentación dos camiños rurais de Marín chega a Picotes, Arealonga, Os Tombos e Currás
Por Redacción |
-
Agrovello e Cividanes súmanse á lista de camiños pavimentados no rural marinense
Por Redacción |
-
Marín acomete un programa o pavimentado dos camiños do rural
Por Redacción |