A Parda terá habilitado o novo aparcamento disuasorio para 100 coches antes de fin de ano
Por Natalia Puga
O barrio da Parda terá habilitado o novo aparcadoiro disuasorio que proxecta o Concello de Pontevedra previsblemente antes de que finalice este ano 2013. Cando rematen as actuacións previstas, estará preparado para acoller uns 100 vehículos.
Esta é a previsión que manexa o concelleiro delegado da área urbana, Luis Bará, e que este luns trasmitiu nunha reunión a integrantes da asociación de veciños Pontevedra Leste e comerciantes de Loureiro Crespo.
Bará explicoulles que a próxima semana comezarán as obras para acondicionar o estacionamento, consistirán en que explanar o terreo e limpar a zona, incluíndo a talla dalgunha das árbores que ten a parcela.
O estacionamento pasará a ocupar unha parcela de 3.500 metros cadrados situada ao lado da rúa Xoán Carlos I que estaba previsto que fose cedida á Consellería de Educación para a construción do novo centro do Carlos Oroza.
O luns comezan as obras para pavimentar e eliminar barreiras arquitectónicas en Loureiro Crespo
A actuación prolongarase porque necesita emendarse o importante desnivel da parcela, pero a intención municipal é que estea acondicionada canto antes para responder ás necesidades de estacionamento da zona, un barrio no que se sitúa o centro de saúde da Parda, o IES Sagrado Corazón, o Conservatorio Manuel Quiroga ou os xulgados da Parda.
Bará tamén informou veciños e comerciantes das obras que se realizarán na rúa Loureiro Crespo a partir do próximo luns 4 de novembro, no tramo comprendido entre o cruzamento coa rúa Rodríguez Seoane e Casimiro Gómez, á altura do antigo cuartel da Garda Civil.
As obras incluirán unha mellora da pavimentación, eliminar barreiras arquitectónicas e outras melloras viarias como dotar de maior seguridade os pasos de peóns da rúa ou rebaixar as beirarrúas. A actuación está valorada en 54.000 euros.
Relacionadas:
-
O estacionamento disuasorio da Parda funciona a pleno rendemento
Por Redacción |
-
A semana comezará con cortes de tráfico en Alcalde Hevia, Loureiro Crespo e Cordón por obras
Por Redacción |
-
Pasarón contará, temporalmente, cun aparcamento disuasorio con capacidade para 130 vehículos
Por Alejandro Espiño |
-
A Parda contará cun aparcamento disuasorio fronte ao Conservatorio
Por Diego Espiño |