'Dores', documental sobre campos de concentración en Galicia, proxéctase este venres no Teatro Principal
Por Redacción
Ás 20.00 horas deste venres 3 de setembro, o Teatro Principal acollerá, con entrada libre, a proxección do documental 'Dores', dirixido pola vilagarciá Coral Piñeiro. Trátase dun traballo que se centra nos campos de concentración existentes en Galicia durante o franquismo.
A actividade está organizada pola concellería de Patrimonio Histórico, dentro do programa 'Novembro, Mes de Memoria', que se amplía durante os primeiros días de decembro.
Xaquín Moreda, concelleiro responsable do departamento, intervirá antes da proxección e, ao final, desenvolverase un coloquio no que participará tanto a directora do documental como Maite Martínez, a produtora.
'Dores' trata, segundo a súa directora, do descoñecemento da historia de Galicia e da necesidade de falar sobre situacións duras para que non terminen enterradas. Esta película foi galardoada co premio do público do Ourense Film Festival e foi seleccionada para participar en festivais como Docs Barcelona Festival, El Cine Suma Paz, Cans ou o Incorto Film Festival.
A historia, desde o golpe de estado militar franquista ata as consecuencias daqueles acontecementos na actualidade, é narrada por Emma, unha antiga guía da Illa de San Simón; Mariano Jabonero, fillo dun preso republicano; Susana Sánchez, escritora de Seique e sobriña dun activo represor franquista; e por Tino Cordal, sobriño dun "paseado" durante a ditadura.
Relacionadas:
-
"Dores" de Coral Piñeiro, mellor documental no festival de cine social universitario de Valladolid
Por Alejandro Espiño |
-
"Quise hacer bien y me cuesta la vida", as palabras de Germán Adrio recollidas no seu diario ante os fusilamentos do 12 de novembro
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
"Parece que todo esta resolto e se pode pasar páxina, pero non é así"
Por Redacción |