Ponteandadas, un programa en feminino que terá continuidade o vindeiro ano

Por Redacción
O programa municipal Ponteandadas, impulsado dentro da iniciativa A Vida é Movernos, é fundamentalmente feminino. Así se desprende dos datos facilitados este venres pola Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde, que sinalan que a grande maioría das persoas participantes, un 73%, foron mulleres adultas.
As restricións da pandemia reduciron as prazas dispoñibles para esta edición a máximo de 200 asistentes por saída. Todas as prazas cubríronse na inscrición previa, cun total de 1.000 persoas rexistradas, pero finalmente non todas as persoas que solicitaran praza acudiron.
Das 1.000 inscricións, finalmente houbo 848 participantes. Un 73% foron mulleres adultas, un 23% foron homes adultos e un 4% público infantil.
O concelleiro de Deportes, Tino Fernández, considera que estes datos poñen de manifesto que Ponteandadas é un programa moi demandado e unha actividade necesaria para que a cidadanía retome a actividade física ao aire libre e goce dunha xornada saudable en boa compañía. E avanza que terá continuidade o vindeiro ano.
A camiñada con maior participación foi a última, a realizada polo parque forestal da Tomba o 21 de novembro. Houbo 191 participantes, 153 mulleres, 32 homes e 7 menores.
Ademais, houbo 182 participantes no roteiro polo encoro do Pontillón do Castro o 7 de novembro (132 mulleres, 41 homes e 8 menores), 166 no percorrido Salcedo-Cabanas do 10 de outubro (121 mulleres, 39 homes e 6 menores), 156 por Mourente-Bora o 19 de setembro (110 mulleres, 41 homes e 5 menores) e 152 no parque forestal da Fracha o 24 de outubro (103 mulleres, 43 homes e 7 menores).
Relacionadas:
-
Máis de duascentas persoas participan na andaina nocturna dos Fachos
Por Redacción |
-
Volve a “xoia da coroa” da vida saudable, Ponteandadas, con oito rutas de maio a novembro
Por Redacción & Diana Eiras |
-
O campo da festa de Marcón acollerá unha xornada de promoción da petanca
Por Redacción |
-
Ponteandadas bota o peche á súa edición de 2021 con concorrida andaina polo parque forestal da Tomba
Por Redacción |
-
Ponteandadas bate récord coa súa andaina polo Pontillón do Castro
Por Redacción |
-
Máis de 150 persoas coñecen o parque forestal da Fracha a través dunha Ponteandada
Por Redacción |
-
Un domingo para camiñar pola cidade con PonteSán e a primeira das PonteAndadas
Por Redacción |