O Revel estrea un "novo pulmón verde" para Sanxenxo
Por Redacción
Sanxenxo pode xa gozar da urbanización na zona de maior equipamento público de Vilalonga, O Revel.
Trátase de "un novo pulmón verde no municipio", explicou o alcalde Telmo Martín nunha visita á zona xunto ao deputado provincial Santos Héctor, que completa as actuacións desenvolvidas na zona coa execución de catro viarios con dous carrís, unha rotonda, estacionamentos e amplas beirarrúas.
Este proxecto, que contou cun orzamento de 1,2 milllones de euros dos que case 900.000 correron a cargo do Plan Concellos da Deputación, supuxo o acondicionamento das novas zonas verdes deste espazo de 73.000 metros cadrados, coa dotación de senllas peonís na zona da escola infantil e o campo de fútbol. A actuación no recinto completouse cos traballos de abastecemento de auga, subministración de enerxía eléctrica e iluminación pública, así como a sinalización.
En canto á intervención paisaxística, plantáronse 169 árbores e plantas de máis dunha vintena de especies como camelias, rodendros, piñeiros, palmeiras, cedros azuis, cedros Himalaya, loureiros, azaleas ou magnolios.
"Cando estean en floración converteranse nun verdadeiro espectáculo visual e olfativo. Será unha zona de lecer e de disfrute que convidará os paseos á beira do regato e o descanso", explicou o alcalde.
Pola súa banda o deputado Santos Héctor cualificou de "espectacular" o resultado das obras destacando a importancia do Plan Concellos como instrumento de apoio aos municipios da provincia para desenvolver obras "onde a veciñanza pode verse reflectido".
Na zona do Revel están situados algúns dos principais equipamentos de Sanxenxo, como o campo de fútbol, a escola infantil, o centro de saúde e o novo colexio.
Relacionadas:
-
As escolas infantís de Sanxenxo pechan o prazo de matriculación con listas de espera en dous cursos
Por Redacción |
-
Arranxan os 25 parques infantís municipais de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo estrea o novo colexio do Revel cunha xornada de portas abertas
Por Redacción |
-
A urbanización do Revel, "unha mostra da nova forma de facer as cousas"
Por Redacción |