Unha gran árbore reflectora e cabalos de luz brillante dan comezo ás Festas de Nadal
Por Mónica Patxot & Redacción
A choiva non evitou que as luces se acenderan este venres 3 de decembro para iluminar 83 rúas da cidade con motivos do Nadal. O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores prendía as luces na Praza de España, acompañado pola Banda de Música de Pontevedra.
Para esta inauguración, un espectáculo itinerante de Cabalos de luz percorreu o centro urbano.
A Praza da Ferrería ofrece este ano un Poboado de Nadal cunha ampliación da decoración propia destas festas ata a praza de Ourense e o Paseo Odriozola cun Mercado de árbores naturais de nadal, que permanecerá aberto ata o domingo 5 de decembro. As persoas que adquiran un exemplar vivo terán a posibilidade de que, unha vez pasadas as festas, poida replantarlo no monte de Tomeza.
O Poboado da Ferrería conta con 17 casetas con produtos de decoración e tamén de alimentación típicos desta época. A oferta irá cambiando a medida que avancen os días.
As grandes novidades preséntanse coa iluminación das avenidas de Uruguai e de Corvaceiras. A elas únense as pontes do Burgo e das Correntes, que ofrecerán un espectáculo diario de luz, entre o 3 de decembro e o 7 de xaneiro. Serán dez minutos de cor, entre as 20.00 e as 20.10 horas.
A partir do día 20 iniciarase unha programación de actividades de rúa, además del circuito de karts en Raíña Vitoria, con espectáculos, talleres e propostas con concertos e actuacións de maxia, tanto no centro da cidade como nos barrios e nas parroquias, segundo informan desde o Concello.