Os novos positivos diarios de covid-19 superan o centenar na área sanitaria e rozan os 800 en Galicia
Por Natalia Puga
O Servizo Galego de Saúde detectou na última xornada 101 novos positivos por covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés e xa confirma que hai 866 casos activos.
O último balance oficial, con datos das seis da tarde do venres, recolle que este sábado hai 73 casos activos máis que o venres e nesa mesma xornada déronse 28 altas médicas.
Segundo este mesmo balance, tamén aumentan os casos nos hospitais e este sábado hai 26 pacientes ingresados na área sanitaria, tres máis que o venres. E iso a pesar de que tamén se confirmou unha nova morte por coronavirus, un home de 75 anos que estaba ingresado no Hospital Montecelo e tiña patoloxías previas. Faleceu o día 2 e eleva a 208 o total de vítimas mortais da pandemia na área sanitaria.
En canto aos hospitais, hai 3 pacientes na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo, os mesmos que nas dúas xornadas anteriores, e 23 en planta de hospitalización, tres máis que o venres.
A práctica totalidade dos pacientes están en Montecelo, pois ademais dos que están en UCI hai 21 en planta. Ademais, hai dous no Hospital do Salnés.
Os 840 casos restantes son asintomáticos ou con síntomas leves e están evolucionando no seu domicilio en corentena.
Desde o inicio do plan de continxencia da covid-19 curáronse 21.502 pacientes e realizáronse 320.939 probas PCR efectuadas, 802 na última xornada.
PONTEVEDRA
No municipio de Pontevedra hai este sábado 249 casos activos, 27 máis que o venres.
GALICIA
A nivel autonómico, este sábado o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.561, 525 máis que o venres, tras confirmarse 799 novos positivos.
Do total de casos activos, 1.053 son da área da Coruña, 619 da de Lugo, 1.926 da de Ourense, 866 da de Pontevedra, 2.181 da área de Vigo, 573 da de Santiago e 343 da de Ferrol.
Nos hospitais galegos hai 205 pacientes, 36 en UCI e 169 en unidades de hospitalización. Os outros 7.356 están no seu domicilio.
Polo de agora, en Galicia hai un total de 182.835 persoas curadas e houbo 2.677 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 3.029.560 e o número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.057.341.
Relacionadas:
-
Importante aumento da presión hospitalaria, con oito pacientes ingresados máis nun día
Por Natalia Puga |
-
Varias horas de cola para realizar unha PCR sen cita previa: "Deberían ofrecer esta opción permanente"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Un home de 75 anos, terceira vítima mortal da covid-19 nunha semana na área sanitaria
Por Natalia Puga |
-
Detectan 153 novos contaxios nunha área sanitaria que roza xa os 800 casos activos
Por Alejandro Espiño |