A Exposición Canina Nacional e Internacional regresa a Ponte Caldelas coa súa cuarta edición
Por Redacción
Unha das datas máis esperadas para os amantes dos cans de raza está á volta da esquina. Os días 11 e 12 de decembro, chegará a Ponte Caldelas a IV Exhibición Nacional e Internacional Canina, un dos eventos referentes no Concello que, en colaboración con Kennel Club España, organizará un ano máis o certame nacional e internacional.
En xogo estarán 3 puntos para o KCE por clase (xoves, intermedia, aberta, campións e veteranos) e 2 puntos para o Campeonato do Club CEBF (especial e monográfica). Ademais, disputarase o Campeonato Mediterráneo e a proba CEBF TAN, necesaria para a elección do mellor Bulldog Francés do ano e para o campionato do Club CEBF).
A exhibición dará comezo a partir das 9:30 horas, tanto o sábado como o domingo, no Pavillón Municipal de Chan da Barcia. O primeiro día celebrarase o campionato nacional e o segundo o internacional. Ademais, este ano entre o xurado estará o recoñecido xuíz búlgaro Kostadin Shankov, especialista en CEBF que axudará na difícil tarefa ao resto dos membros da mesa.