A segunda fase do Pazo de Quintáns será posible grazas a 1,3 millóns de euros dos fondos Next Generation
Por Redacción
A Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo deron a súa aprobación ao Plan de Sustentabilidade Turística de Sanxenxo, un proxecto presentado polo Concello para o que recibirá unha subvención de 2 millóns de euros dos denominados fondos Next Generation, repartidos en tres anualidades. Así, Sanxenxo recibirá en 2022, 780.000 euros; en 2023, 525.000 euros e en 2024, 82.000 euros.
Boa parte deses fondos destinaraos a facer posible a segunda fase de rehabilitación do Pazo de Quintáns, que supoñerá 1,3 millóns de euros da axuda.
O obxectivo é converter o edificio e a súa contorna nun novo polo turístico que permita diversificar a oferta e poñer en valor o patrimonio do municipio. O proxecto consta de catro eixos de actuación: Creación do centro da cultura gastronómica Rías Baixas, mellora da contorna, dotación dixital e sistemas ecoeficientes.
O obxectivo é converter o Pazo no Centro da Cultura Gastronómica das Rías Baixas cun carácter multidisciplinar con forte calado cultural, pero tamén experiencial baseado nos valores do territorio na gastronomía local e a súa interrelación co territorio. A actuación prevé a dotación de contidos museográficos, así como de subministracións e mobiliario.
Relacionadas:
-
O Pazo de Quintáns estreará os seus novos muros perimetrais en dous meses
Por Redacción |
-
Sanxenxo ultima sete actuacións para mellorar os exteriores do Pazo de Quintáns
Por Redacción |
-
Alertan do estado "precario" do abeto branco do Pazo de Quintáns
Por Redacción |
-
Tres folletos, unha nova web e un código QR para promocionar Sanxenxo
Por Redacción |
-
Arranxan os 25 parques infantís municipais de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo prevé un investimento de 1,7 millones de euros no Pazo de Quintáns
Por Redacción |
-
Os veciños de Noalla visitan o Pazo de Quintáns tras a primeira fase de rehabilitación
Por Redacción |
-
Avanza a recuperación do exterior do Pazo de Quintáns cun investimento por riba dos 600.000 euros
Por Redacción |