Arranxan os 25 parques infantís municipais de Sanxenxo
Por Redacción
A Concellería de Medio Ambiente conta cun minucioso estudo sobre o estado dos 25 parques infantís municipais distribuídos polas sete parroquias do municipio de Sanxenxo.
O desgaste provocado polo paso do tempo e, nalgúns casos, o uso inapropiado destes espazos provocou que non se atopen nun estado óptimo para o seu goce.
Na parroquia de Dorrón actuarase no parque infantil e zona biosaudable de Areas; na parroquia de Bordóns, no parque infantil de Outeiro e parque biosaudable de O Sear; na parroquia de Padriñán, mellorarase os parques de Miraflores, Panadeira e Punta Vicaño.
En Adina, actuarase nos parques de Baltar, Praza Pública, Espiñeiro, San Roque, Seame I, Seame II e o do campo de festas de Arra. En Noalla, os parques da igrexa de Aios, Soutullo, igrexa de Noalla e A Revolta. En Vilalonga, nos parques da praza de abastos, Arnosa, Salgueira, Praza Pública e capela de Gondar. En Nantes, mellorarase o parque de Contumil e o da igrexa.
Substitución de pezas de xogos, reparacións de elementos, eliminación de óxido ou renovación de valados e superficies son as necesidades máis recorrentes que presentan os parques do municipio.
Esta posta a punto está valorada en 100.000 euros e deberá incluír tamén tarefas de mantemento por parte da empresa que execute os traballos durante polo menos un ano.
O concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza, explica que "imos facer unha importante investimento nas zonas de xogo e áreas de mantemento do municipio, pero é importante que por parte dos usuarios se faga un uso responsable das instalacións".
A Concellería de Medio Ambiente elabora os pregos para sacar a concurso os traballos e tarefas de posta a punto dos parques municipais.
Relacionadas:
-
Conclúe a renovación da pista deportiva e as pezas de xogo do parque de Panadeira
Por Redacción |
-
A campaña de reparación de parques infantís e biosaudables de Sanxenxo comeza por Bordóns
Por Redacción |
-
O mantemento e mellora dos parques infantís de Sanxenxo sae a concurso por 119.122 euros
Por Redacción |
-
Melloran un vial en Bordóns no lugar da Lamela
Por Redacción |
-
557.000 euros para crear unha senda na ría de Arousa e mellorar A Telleira
Por Redacción |
-
A segunda fase do Pazo de Quintáns será posible grazas a 1,3 millóns de euros dos fondos Next Generation
Por Redacción |
-
O Revel estrea un "novo pulmón verde" para Sanxenxo
Por Redacción |