Conduce bébedo e en sentido contrario pola avenida de Marín de madrugada
Por Natalia Puga
Un veciño de Pontevedra de 41 anos foi denunciado pola vía penal e será xulgado este mércores por supostamente ter conducido borracho e en sentido contrario pola avenida de Marín.
O 'kamikace' foi sorprendido pola Policía Local de Pontevedra sobre as 7.00 horas da madrugada do sábado ao domingo despois de que dous cidadáns chamasen ao Centro de Atención de Emerxencias 112 relatando que o viran circular en sentido contrario pola avenida de Marín, un á altura da factoría de Ence e outro na rotonda da antiga Malvar.
Unha dotación policial dirixiuse á zona e presenciou como circulaba en sentido contrario na zona da glorieta de Malvar e se cruzaba con tres turismos que circulaban pola mesma vía, pero no sentido correcto da circulación.
Nun momento dado chegou a obstaculizar a circulación e a patrulla da Policía Local deulle o alto. Os axentes notáronlle claros síntomas de encontrarse baixo os efectos de bebidas alcohólicas, de modo que requieron a presenza dun vehículo de atestados para sometelo á proba de alcoholemia.
O condutor deu positivo no test, botando taxas de 1,17 e 1,18 litros de alcohol por litro de aire expirado, ambas as dúas cinco veces superiores ás permitidas para conducir un vehículo e constitutivas dun delito contra a seguridade do tráfico.
A Policía Local imputouno por un delito contra a seguridade vial e procedeu a intervirlle o vehículo. Este martes, será sometido a un xuízo rápido nos xulgados da Parda.