Susana Fernández López, nova directora de Proxectos Europeos da Deputación
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva presentou este venres á nova directora de Proxectos Europeos da administración provincial, Susana Fernández López.
Carmela Silva explicou en rolda de prensa que "necesitabamos unha estrutura sólida e fixemos unha convocatoria para a Dirección de Proxectos Europeos" que gañou Susana Fernández López, que achega "máis de 15 anos de experiencia" e un "brillante" currículo.
Con esta incorporación "seremos máis eficientes e eficaces para mellorar a vida da nosa xente", asegurou a mandataria provincial.
Susana Fernández sinalou que "a Deputación de Pontevedra é un laboratorio de ideas". E apuntou que os retos que se marca son "ter capacidade de anticipación e responder o incremento de xestión de fondos europeos".
"Queremos producir un efecto transformador apostando por innovación, resiliencia e sostibilidade", engadiu.
A presidenta provincial ha destacado a día de hoxe "xa temos comprometidos 21 millóns en 2022 de fondos europeos para cuestións como 2 plans de sostibilidade turística de interior, co que estou moi satisfeita xa que os destinos de costa teñen capacidade, e moitas accións de sostibilidade".
Carmela Silva insistiu en que "estamos nun momento fundamental para que cheguen fondos europeos e polo tanto oportunidades para a provincia" e destacou que a Deputación de Pontevedra "fomos unha das primeiras administracións en ter un Plan Estratéxico de Fondos Europeos e xa mobilizamos 56 millóns estes anos".
Relacionadas:
-
O Pleno da Deputación aproba o orzamento "máis alto e expansivo da súa historia"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Aumenta ata os 26,3 millóns de euros o plan provincial de reactivación para os concellos
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación presenta un orzamento "transformador e valente" que ascende a 179,5 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |