Imputan un mozo por trapichear con haxix e marihuana en Valdecorvos
Por Natalia Puga
A Policía Local de Pontevedra imputou a un mozo da cidade de 20 anos por un delito contra a saúde pública tras sorprenderlle trapicheando na zona de Valdecorvos. A imputación é por tenza de sustancias estupefacientes para suposta venda, en concreto, de haxix e marihuana.
Os feitos ocurriron o martes 22 de outubro. A Policía Local recibira varias chamadas cidadás alertando de que na zona do lavadoiro de Valdecorvos se congregaban grupos de mozos para consumir e traficar con sustancias estupefacientes.
Unha patrulla policial desprazouse ata a zona que referían os veciños e localizou un grupo de cinco mozos que, cando viron chegar os axentes, mostraron un estado de nerviosismo. Ademais, un deles fixo un movemento sospeitoso e meteu no peto da chaqueta a man que instantes antes estaba dando a outro dos presentes.
Os axentes identificaron os presentes e a este mozo atopáronlle 54 gramos de haxix repartidos en cinco ovos e medio, ademais de dous gramos de marihuana. Consideraron que esa sustancia non era para o seu propio consumo, senón a traficar, por iso é polo que decidisen imputarlle, mentres aos outros catro mozos presentes non lle atribúen ningunha conduta delituosa.