Sanxenxo destinará 655.000 euros do orzamento do 2022 ao servizo de axuda no fogar
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo presume do incremento do investimento social no orzamento para o 2022 cunha partida total de 2,28 millóns de euros nos que se inclúen as dúas garderías, o centro de día, o servizo de axuda no fogar, a escola de adultos e servizos sociais. Unha cifra que supón 131 euros de gasto social por habitante.
A aposta por esta área queda patente nos distintos departamentos que a integran como é o caso do servizo de axuda no fogar.
O Concello contempla nas contas de 2022 todas as horas concedidas pola Xunta de Galicia para o SAF e que supoñerá a prestación de 2.681 horas fronte ás 2.212 actuais. Este reforzo permitirá reducir a lista de espera do servizo que na actualidade supera as 50 familias e un investimento total de 655.200 euros, o dobre respecto a 2016.
Outra partida importante, 580.000 euros, destinarase ao servizo das dúas garderías municipais, a de O Tombo e a de O Revel, cuxa xestión saíu a licitación este mesmo ano cun orzamento maior e para dar servizo a 99 nenos e nenas.
Para o centro de día municipal, que conta na actualidade con 48 usuarios, órzanse 429.000 euros. Os usuarios pagan unha media de 130 euros, transporte incluído. Para a escola de adultos, as contas municipais reservan unha partida de 72.782 euros.
O plan de emerxencia social é outra área importante dentro deste servizo con case 40 familias que solicitan esta axuda para o pago do alugueiro, recibos ou alimentos. A esta área destínanse 55.000 euros.
O resto do orzamento destínase a outros servizos sociais como educación familiar, CIM, Omix, asistencia social ou o Programa de Inserción Social.
Relacionadas:
-
'Son a túa axuda' vai encargarse do servizo de Axuda no Fogar por máis de tres millóns de euros
Por Redacción |
-
Sanxenxo agarda atender 75 familias co novo contrato do servizo de axuda no fogar
Por Redacción |
-
As escolas infantís municipais de Sanxenxo abren o luns a solicitude de ingreso
Por Redacción |
-
O centro de día de Sanxenxo absorberá uns 2,6 millóns durante os próximos catro anos
Por Redacción |
-
Aprobado o orzamento municipal para 2022 que se eleva a 32,5 millóns de euros
Por Redacción |
-
Aumentan as horas en Sanxenxo do Servizo de Axuda no Fogar
Por Redacción |
-
Sanxenxo prevé aprobar o seu orzamento de 2022 antes de que acabe o ano
Por Redacción |