'Inspiradores' axudará os pontevedreses a desenvolver a súa intelixencia emocional e fortaleza mental
Por Redacción
A Concellería de Promoción Económica e Turismo e as empresas locais Docensa e ADN Ges Pro teñen preparado un novo proxecto, a través da plataforma Zoom, para axudar á cidadanía a evolucionar na súa intelixencia emocional, o liderazgo e a fortaleza mental.
'Inspiradores', que así se chama o congreso, terá lugar entre os días 13 e 17 de decembro, en horario de 15:30 a 16:00 horas.
Contará con relatores de gran prestixio nacional e internacional como son a escritora motivacional Adriana Macías (luns 13), a mentora e formadora de alto rendemento Catalina Davis (martes 14), o coach Javier Iriondo (mércores 15), o consultor estratéxico Fernando Salinero (xoves 16) e a famosa psicóloga Silvia Congost (venres 17).
"Estamos inmersos nun dos momentos da historia recente máis imprevisible, cunha incerteza que nos fai vivir en estado de alerta e de tensión, e todos os expertos coinciden na necesidade de aprender e de evolucionar no aspecto persoal, a intelixencia emocional, o liderazgo e a fortaleza mental como claves para xestionar mellor as nosas emocións", explica a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco.
Ademais, "a velocidade do cambio e a incerteza aféctanos internamente", por iso decidiron poñer en marcha 'Inspiradores' "da man do equipo co que levamos 10 anos organizando o congreso Ponte a punto", sinala.
Pola súa banda, o responsable de Docensa, José Luis Bouzas, destaca que "baseándonos precisamente na experiencia acumulada ao longo desta última década, queremos levar a cabo unha proposta máis ambiciosa e permanente, que en lugar de plasmarse nunha cita anual, vaia máis aló e se artelle mediante unha plataforma que achegue pílulas inspiradoras de xeito constante".
As inscricións para estas conferencias gratuítas poderán facerse a través da web www.inspiradores.net.
Relacionadas:
-
RADIO.- Os tres mandamentos do 'coach dos famosos': non te compares con ninguén, se libre e aprende a dicir que non
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- "As competencias emocionais, fronte ao que sucede coas cognitivas, melloran coa idade"
Por Marisa Ciordia |
-
Ponte a Punto volta con conferenciantes da talla de Anne Igartiburu ou Teresa Viejo
Por Redacción |
-
'Ponte a Punto' axuda a un centenar de pontevedreses no seu crecemento persoal
Por Redacción |
-
O congreso 'Ponte a Punto' prepara a súa terceira edición, prevista para o sábado 8 de novembro
Por Redacción |