Os hospitalizados con covid-19 son xa 46, seis deles na UCI, entre 1.636 casos activos
Por Alejandro Espiño
A área de Pontevedra e O Salnés púxose á cabeza no número de novos contaxios en toda Galicia. Ata 209 detectáronse nas últimas 24 horas, o que elevou a 1.636 os casos activos por covid-19, 171 máis que onte.
Este incremento dos contaxios ten ademais a súa repercusión nos tres hospitais da área, onde os pacientes ingresados son xa 46. Son tres máis dos que había este venres.
Montecelo ten 35 persoas ingresadas en planta de hospitalización, mentres que outras dúas están no Hospital do Salnés e tres no QuirónSalud Miguel Domínguez.
Os pacientes máis graves son outros seis que están ingresados na UCI de Montecelo.
O resto dos que contraeron o virus, outras 1.590 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e baixo supervisión médica.
Desde o inicio da pandemia 21.697 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 36 nas últimas 24 horas, e rexistráronse 211 falecementos asociados ao virus.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 328.486, 1.571 nas últimas horas. A elas súmanse as 166.048 probas de antíxenos e outras 112.605 probas de detección da covid-19.
INCIDENCIA EN GALICIA
O número de casos de coronavirus en Galicia, pola súa banda, é de 11.235, 558 máis que o día anterior. Deles 1.538 son da área da Coruña, 715 da de Lugo, 2.602 da de Ourense, 1.636 da de Pontevedra, 3.519 da de Vigo, 756 da de Santiago e 469 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 43 están en UCI, 209 en unidades de hospitalización e 10.983 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 185.396 persoas curadas, rexistrándose 2.695 falecementos.
Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 3.081.156 probas PCR, 8.192 nas últimas 24 horas, que permitiron detectar 1.096 novos infectados.
Relacionadas:
-
Aumentan a sete os pacientes na UCI de Montecelo e os casos activos ata os 1.696
Por Alejandro Espiño |
-
Falece en Montecelo un home de 91 anos, a vítima 212 da pandemia en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Abren un terceiro punto 'covid-auto' en Pontevedra ante a avalancha de contaxios
Por Redacción |
-
Xunta e hostaleiros entenden que as restriccións actuais son suficientes, "sempre e cando se respecten"
Por Oskar Viéitez |
-
Probas gratuítas nas farmacias para menores de 5 a 11 anos
Por Redacción |
-
1.465 casos activos este venres na área sanitaria, con cinco pacientes na UCI e 38 hospitalizados en pranta
Por Redacción |