O campo da festa de Marcón acollerá unha xornada de promoción da petanca

Por Redacción
O programa municipal A Vida é Movernos, impulsado pola Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde celebrará o vindeiro sábado 18 de decembro no contorno do campo da festa de Marcón unha xornada gratuíta de promoción da petanca.
Organizado en colaboración coa Agrupación de Petanca de Pontevedra, o evento contará con dúas actividades principales: un taller de iniciación no que poderán tomar parte todos os pontevedreses que así o desexen e un Torneo de Nadal para o que están inscritos nove equipos da Liga do Concello.
Baixo o título de 'A Petanca como Actividade Saudable', desenvolverase en horario de mañá, entre as 10:30 e as 13:00 horas, e de tarde, desde as 15:30 até as 18:00 horas.
Segundo sinalou o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, "a petanca está en pleno crecemento no noso municipio, estando prevista a creación de nove novas pistas para o vindeiro ano".
"De feito, un mínimo de 150 persoas tomarán parte nesta iniciativa aberta á cidadanía, co obxectivo de que a xente coñeza este deporte, pase un día entretido e quede 'enganchada' para sempre", emgade.
Os equipos que participarán no torneo e o desenvolvemento do taller son Centro Social Pontevedra, Verducido, O Mirador de Monte Porreiro, San Martiño, Petanca Marín, Salcedo Norte, Amigos de Campolongo, Corticeira de Bora e SCD Marcón.
Relacionadas:
-
O Pazo da Cultura acolleu o IX Encontro de Alumnado das Escolas Asociadas da Unesco
Por Redacción |
-
Ponteandadas, un programa en feminino que terá continuidade o vindeiro ano
Por Redacción |
-
Unhas 175 persoas participaron na Andaina Violeta
Por Redacción |
-
Ponteandadas bota o peche á súa edición de 2021 con concorrida andaina polo parque forestal da Tomba
Por Redacción |