Aumentan a sete os pacientes na UCI de Montecelo e os casos activos ata os 1.696
Por Alejandro Espiño
Sesenta casos activos máis que onte. É o balance que presenta a área de Pontevedra e O Salnés nas últimas 24 horas. As persoas contaxiadas por coronavirus son 1.696, segundo informa o Servizo Galego de Saúde. En total, rexistráronse 112 contaxios novos.
O número de pacientes ingresados nos tres hospitais da área si logra reducirse lixeiramente, pasado dos 46 que había onte sábado aos 44 que hai este domingo.
Montecelo ten 30 persoas ingresadas en planta de hospitalización, mentres que outras catro están no Hospital do Salnés e tres no QuirónSalud Miguel Domínguez.
Os pacientes máis graves son outros sete que están ingresados na UCI de Montecelo.
O resto dos que contraeron o virus, outras 1.652 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e baixo supervisión médica.
Desde o inicio da pandemia 21.748 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 51 nas últimas 24 horas, e rexistráronse 212 falecementos asociados ao virus. O último, un home de 91 anos que morreu nas últimas horas en Montecelo.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 329.371, 885 nas últimas horas. A elas súmanse as 166.468 probas de antíxenos e outras 112.620 probas de detección da covid-19.
INCIDENCIA EN GALICIA
O número de casos de coronavirus en Galicia, pola súa banda, é de 11.652, 417 máis que o día anterior. Deles 1.586 son da área da Coruña, 735 da de Lugo, 2.657 da de Ourense, 1.696 da de Pontevedra, 3.731 da de Vigo, 776 da de Santiago e 471 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 225 en unidades de hospitalización e 11.379 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 185.940 persoas curadas, rexistrándose 2.698 falecementos.
Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 3.089.618 probas PCR, 8.462 nas últimas 24 horas, que permitiron detectar 969 novos infectados.
Relacionadas:
-
Galicia recomendará limitar as reunións no nadal a "oito ou dez persoas"
Por Redacción |
-
Douscentos cinco novos contaxios disparan os casos activos por covid-19 a 1.856
Por Alejandro Espiño |
-
Falece en Montecelo un home de 91 anos, a vítima 212 da pandemia en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Os hospitalizados con covid-19 son xa 46, seis deles na UCI, entre 1.636 casos activos
Por Alejandro Espiño |
-
Probas gratuítas nas farmacias para menores de 5 a 11 anos
Por Redacción |