Douscentos cinco novos contaxios disparan os casos activos por covid-19 a 1.856

Por Alejandro Espiño
Tras unha xornada na que a incidencia da pandemia parecía suavizarse, a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés volve rexistrar máis de douscentos contaxios nun só día. En concreto, 205. Isto eleva a 1.856 os casos activos por covid-19.
Un paciente menos, con todo, atópase hospitalizado nos tres hospitais da área, que suman este luns 43 persoas ingresadas con coronavirus.
Montecelo ten 30 pacientes ingresados en planta de hospitalización, mentres que outras catro están no Hospital do Salnés e tres no QuirónSalud Miguel Domínguez.
Os pacientes máis graves son outros seis que están ingresados na UCI de Montecelo.
O resto dos que contraeron o virus, outras 1.815 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e baixo supervisión médica.
Desde o inicio da pandemia 21.791 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 43 nas últimas 24 horas, e rexistráronse 212 falecementos asociados ao virus.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 331.135, 1.764 nas últimas horas. A elas súmanse as 166.805 probas de antíxenos e outras 112.620 probas de detección da covid-19.
INCIDENCIA EN GALICIA
O número de casos de coronavirus en Galicia, pola súa banda, é de 12.221, 569 máis que o día anterior. Deles 1.719 son da área da Coruña, 749 da de Lugo, 2.708 da de Ourense, 1.858 da de Pontevedra, 3.885 da de Vigo, 826 da de Santiago e 476 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 49 están en UCI, 243 en unidades de hospitalización e 11.929 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 186.440 persoas curadas, rexistrándose 2.699 falecementos.
Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 3.097.413 probas PCR, 7.795 nas últimas 24 horas, que permitiron detectar 1.072 novos infectados.
Relacionadas:
-
Os casos activos por covid-19 rozan os dous mil e os hospitalizados soben a 47
Por Alejandro Espiño |
-
Os estudos epidemiolóxicos en Pontevedra reflicten que os contaxios céntranse nas xuntanzas familiares e de non convivintes
Por Redacción |
-
Galicia recomendará limitar as reunións no nadal a "oito ou dez persoas"
Por Redacción |
-
Aumentan a sete os pacientes na UCI de Montecelo e os casos activos ata os 1.696
Por Alejandro Espiño |
-
Falece en Montecelo un home de 91 anos, a vítima 212 da pandemia en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Abren un terceiro punto 'covid-auto' en Pontevedra ante a avalancha de contaxios
Por Redacción |