Tres profesionais das industrias creativas pechan os faladoiros 'A forza das mulleres'
Por Oskar Viéitez
Tres mulleres profesionais do eido das industrias creativas serán as protagonistas do cuarto e último faladoiro do ciclo 'A forza das mulleres', impulsado pola Concellería de Igualdade.
Ao igual que as tres citas anteriores, este encontro realizarase 'on line' e poderá seguirse a través da canle de Youtube do Concello de Poio, a partir das 20.00 horas do mércores 15 de decembro.
A concelleira responsable deste departamento, Silvia Díaz (Avante Poio), lembra que esta iniciativa telemática ten coma obxectivo dar voz ás mulleres que desenvolven o seu traballo en diferentes sectores, dando visibilidade ás súas traxectorias profesionais e experiencias vitais.
O ciclo iniciouse cun faladoiro no que tomaron parte emprendendoras e responsables de negocios do municipio, no mes de marzo, e continuou con outras dúas convocatorias vía 'streaming' nas que participaron profesionais da sanidade e deportistas, respectivamente.
Agora, as encargadas de compartir as súas experiencias no mundo da creación artística serán Lúa Gándara, Ángela Ogando e Andrea López Iglesias.
A concelleira de Igualdade agradece a participación das mulleres protagonistas deste ciclo de faladoiros, que contribúen a crear un espazo para compartir experiencias e no que coñecer as diversas problemáticas ás que se enfrontan as mulleres no eido profesional e persoal.
O coloquio estará moderado pola directora do Centro de Información á Muller (CIM), Raquel Morales, e pola psicóloga Lidia Fazanes.
Relacionadas:
-
Organizan cursos de formación específica para o tecido asociativo de Poio
Por Redacción |
-
Poio reforzará as actividades educativas na programación do 25N
Por Redacción |
-
O terceiro faladoiro de 'A forza das mulleres' estará dedicado ao deporte feminino
Por Redacción |
-
O traballo sanitario centra a segunda cita do faladoiro virtual 'A forza das mulleres'
Por Redacción |
-
Tres emprendedoras de Poio protagonizan o primeiro faladoiro de "A forza das mulleres"
Por Oskar Viéitez |