Os casos activos por covid-19 rozan os dous mil e os hospitalizados soben a 47
Por Alejandro Espiño
Aínda que menos que noutras xornadas, os contaxios por covid-19 nesta sexta onda non deixan de crecer. Ata 113 novos infectados detectou o Servizo Galego de Saúde, que cifra en 1.928, setenta máis que onte, os casos activos na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Tamén aumenta este martes o número de pacientes ingresados nos tres hospitais da área, onde hai 47 persoas atendidas con coronavirus, catro máis que onte.
Montecelo ten 32 pacientes ingresados en planta de hospitalización, mentres que outras catro están no Hospital do Salnés e catro no QuirónSalud Miguel Domínguez.
Os pacientes máis graves son outros sete que están ingresados na UCI de Montecelo.
O resto dos que contraeron o virus, outras 1.881 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e baixo supervisión médica.
Desde o inicio da pandemia 21.836 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 45 nas últimas 24 horas, e rexistráronse 212 falecementos asociados ao virus.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 332.075, 940 nas últimas horas. A elas súmanse as 167.423 probas de antíxenos e outras 112.638 probas de detección da covid-19.
INCIDENCIA EN GALICIA
O número de casos de coronavirus en Galicia, pola súa banda, é de 12.692, 478 máis que o día anterior. Deles 1.777 son da área da Coruña, 802 da de Lugo, 2.754 da de Ourense, 1.928 da de Pontevedra, 4.058 da de Vigo, 872 da de Santiago e 501 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 52 están en UCI, 241 en unidades de hospitalización e 12.399 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 186.835 persoas curadas, rexistrándose 2.706 falecementos.
Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 3.104.534 probas PCR, 7.121 nas últimas 24 horas, que permitiron detectar 873 novos infectados.
Relacionadas:
-
Segundo falecemento asociado á covid esta semana no CHOP, o dun home de 66 anos
Por Diego Espiño |
-
Os centros educativos da área sanitaria notifican un total de 411 casos activos na última semana
Por Oskar Viéitez |
-
As altas non compensan os novos contaxios e a área rebasa os 2.000 casos activos
Por Alejandro Espiño |
-
Falece unha muller de 78 anos en Montecelo con covid-19, vítima 213 na área desde o inicio da pandemia
Por Redacción |
-
O alcalde de Vilagarcía, positivo en covid-19
Por Redacción |
-
Os estudos epidemiolóxicos en Pontevedra reflicten que os contaxios céntranse nas xuntanzas familiares e de non convivintes
Por Redacción |
-
As vacinas pediátricas de Pfizer xa están en Galicia e empezarán a inxectarse o mércores
Por Alejandro Espiño |
-
Galicia recomendará limitar as reunións no nadal a "oito ou dez persoas"
Por Redacción |
-
Douscentos cinco novos contaxios disparan os casos activos por covid-19 a 1.856
Por Alejandro Espiño |