A Casa Rosada acollerá en xaneiro o Torneo Súper Smash Bros Ultimate

Por Redacción
A Casa Rosada iniciará o ano 2022 desenvolvendo unha actividade que promete ser unha cita de referencia para os e as amantes do mundo dos videoxogos.
O sábado 8 de xaneiro, a partir das 11.00 horas, as instalacións municipais acollerán o Torneo Súper Smash Bros Ultimate, unha iniciativa que está organizada polo Concello de Poio, en colaboración coa Asociación Gaming Troop.
As inscricións para poder participar neste evento abriranse a partires do venres 17 de decembro. As persoas interesadas en tomar parte no campionato poderán anotarse a través da páxina web smash.gg, onde tamén se poderán consultar as bases do torneo e todo tipo de información vencellada ao respecto.
Só poderán inscribirse persoas maiores de 13 anos. Ademais, as prazas serán limitadas, para garantir o aforo correspondente. Haberá cabida para 40 competidores.
Se ben a competición dará comezo pola mañá, ao longo da xornada, segundo vaia avanzando o torneo, abriranse postos para todas aquelas persoas que estean interesadas en xogar ao Super Smash Bros.
A organización repartirá 300 euros en metálico entre os oito mellores clasificados, destinándose 130 para a persoa gañadora.
Relacionadas:
-
Aprazan o Torneo Súper Smash Bros Ultimate previsto en Poio pola situación sanitaria
Por Redacción |
-
'Ping PonteInGames', un evento para demostrar que "os videoxogos non son só para nenos"
Por Diego Espiño |
-
Competición, videoxogos retro e simuladores no "Gaming na rúa"
Por Redacción |
-
Torneos, experiencias de simulación de carreiras e concursos de cosplay converterán Marín en capital do videoxogo
Por Redacción |