Un convenio con Red Eléctrica de España facilitará a instalación de 35 luminarias LED en Bértola
Por Redacción
O Concello de Vilaboa asinou un convenio de colaboración con Red Eléctrica de España que implica unha aportación de 10.000 euros para mellorar a eficiencia enerxética en tres puntos da parroquia de Bértola.
En concreto sustituiranse 35 puntos de luz do alumeado público nos lugares de Ramalleira, Saxosa e Rialiña, nos que existen dous circuitos de iluminación dos viais con tecnoloxía obsoleta e de baixa eficiencia enerxética o que implica un alto consumo e custe para a administración local.
As actuais luminarias serán reemplazadas por outras tantas LED de 26W, que se colocarán en disposición unilateral cada 32 metros aproximadamente, en vial de plataforma única e a 8 metros de altura sobre postes xa existentes.
Para César Poza, alcalde de Vilaboa, este convenio supón un avance importante no proxecto de eficiencia enerxética que o goberno local prevé desenvolver no municipio e que aparece recollido no Plan de Acción para o Clima asumido pola administración local.
Segundo dixo o alcalde, "unha das nosas prioridades é adecuar as instalacións de uso público para mellorar a vida dos nosos veciños e coidar o entorno municipal e nese sentido esta obra que imos acometer de inmediato é sen dúbida un paso adiante".