Ata o 12 de novembro pódense solicitar os 500 contratos en prácticas que impulsa a Deputación
Por Alejandro Espiño
Cincocentos titulados universitarios, sin experiencia laboral previa, traballarán durante un ano en 379 empresas da provincia de Pontevedra. Son os principais números do Plan de Prácticas Laborais en empresas do sector privado que, cunha dotación de catro millóns de euros, pon en marcha a Deputación de Pontevedra. ÿ unha forma, dixo Rafael Louzán, de reter en Galicia "a xente que está pensando en marchar fóra" pola falta de emprego na súa terra.
Rafael Louzán sinalou que a institución provincial é a única administración que leva a cabo un proceso destas características. Lembrou que, en total, este ano a Deputación investiu 20 millóns de euros para contratar a 4.000 desempregados a través de diversos plans de emprego. Con eles, destacou, a Deputación busca "contribuír á reactivación económica da provincia e das súas empresas".
Neste caso trátase de mozos menores de 35 anos, que estean empadroados na provincia e inscritos no Servizo Público de Emprego, que non traballaran previamente na especialidade na que se formaron e que non foran adxudicatarios doutra bolsa de emprego da Deputación por un tempo superior aos seis meses. A todos eles "garantímoslle un ano de formación práctica nestas empresas e a posibilidade de quedarse despois de ese tempo".
Unha comisión de seguimento vixiará e validará o traballo dos mozos nas empresas privadas e, segundo afirmou o presidente da Deputación, estas garantizan, nunha moi alta porcentaxe, á súa continuidade laboral unha vez concluído o período establecido no Plan de Prácticas Laborais. Esta comisión deberá velar tamén porque as empresas cumpran o acordado. No caso contrario poderán ser sancionadas. Non poderán recibir axudas da Deputación e impoñeráselles unha sanción económica.
As empresas que solicitaron participar no Plan foron 479, das cales foron admitidas 433. En total, demandaron mozos de 103 titulacións diferentes, a maioría deles licenciados en administración e dirección de empresas ou cun ciclo superior en administración e finanzas. O número de bolseiros solicitados acadou a cifra de 992. O número de bolsas que se convocan é de 424 aínda que, finalmente, chegarán a 500.
Vigo (123), Pontevedra (70) e Lalín (27) son as principais localidades que recibirán bolseiros nas súas empresas. Os que queiran optar a este posto terán que presentar a súa solicitude antes do 12 de novembro. Cobrarán entre 600 e 800 euros ao mes, en función da súa titulación, cantidade que correrá por conta da Deputación, así como todos os demais custes. Calcúlase que comezarán a traballar nas empresas o próximo 30 de decembro.
Relacionadas:
-
"No encontraba salida laboral sin pensar en emigrar"
Por Natalia Puga |
-
Amplían o prazo para o Plan de Prácticas Laborais da Deputación e ultiman a convocatoria para 2014
Por Redacción |
-
2.500 mozos aspiran ás 424 bolsas de práctica laboral da Deputación que terán unha segunda fase en 2014
Por Redacción |
-
Un total de 479 empresas requiriron xa aos mozos cualificados que subvenciona a Deputación
Por Oskar Viéitez |