Reflexión en Moraña sobre o amor propio das mulleres a través da música de Sofía Espiñeira

Por Redacción

© Deputación de Pontevedra
Historias e rituais sobre plantas silvestres son elementos importantes da música e posta en escena de Sofía Espiñeira; a artista ofreceu este xoves unha reflexión en Moraña sobre a situación que viven as mulleres, a importancia do amor propio e a necesidade de establecer as bases na comunidade para lograr unha sociedade mellor que termine coas violencias machistas.
Sofía Espiñeira, utilizando o seu 'Armería Marítima', analizou estes temas #ante un grupo de estudantes de terceiro da ESO do CPI Plurilingüe Santa Lucía de Moraña, no retorno das actividades do ciclo 'Mulleres en acción. Violencia Zero', despois das dúas performances realizadas dentro deste programa en Pontevedra e Vigo o pasado 25- N.
Vicky Alonso, deputada de Igualdade, e a tenente de alcaldía, Norma Caldas, asistiron a este acto no que Sofía Espiñeira enlazou os temas para convidar o alumnado a analizar o mundo no que viven e no que desexan habitar. Tamén lembrou ás mulleres do pasado que non puideron estudar ou a aquelas que carecen de liberdade para decidir e non poden escapar das fronteiras establecidas.
O ciclo 'Mulleres en acción. Violencia Zero', que promove a Deputación de Pontevedra, chega á sétima edición co lema 'Fronte ao patriarcado, artistas que moven, removen e conmoven. Móvete con elas contra a violencia machista!'. Este programa, no que se utilizan ferramentas culturais para provocar reacción social contra a violencia machista, visitará en decembro Meaño coa danza urbana de Eva Comesaña.
Relacionadas:
-
Unha astronauta súmase á loita contra a violencia machista en Caldas
Por Redacción |
-
25N | Un berro contra o maltrato infantil, que está detrás do 54% das depresións e o 87% dos intentos de suicidio
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
25N | Os 'xardíns que falan' alzan a voz contra a violencia machista
Por Redacción |
-
"Fronte ao patriarcado, artistas que moven, removen e conmoven"
Por Oskar Viéitez |