Aprobados tres convenios cos que a Autoridade Portuaria quere mellorar a relación coa vila
Por Redacción
Este xoves celebrábase o último Consello de Administración da Autoridade Portuaria deste 2021. Entre os acordos aprobáronse convenios para, segundo os responsables da entidade, profundar a relación entre o Porto de Marín e a vila.
Acordouse subscribir un convenio co Concello de Marín para a ocupación de terreos de dominio público portuario coa intención de construír e explotar un equipamento socio-cultural na contorna da praza de España, en referencia ao Auditorio Municipal que se proxecta nesa zona. A intención é que se posibilite a dotación desta infraestrutura cultural para dinamizar a vida social da poboación.
O Consello de Administración tamén aprobaba o convenio de colaboración coa Consellería do Mar, Fundación CETMAR, para ocupación do edificio onde se atopa o centro de formación 'A Aixola'. A idea é seguir colaborando no fomento das actividades pesqueiras dentro do recinto portuario. Este convenio iniciouse no ano 1996 e desde ese momento realízanse actividades de formación de traballadores do sector pesqueiro, tanto en activo como desempregados.
Por último, tamén se aprobaba o acordo entre a entidade pública Augas de Galicia e a Autoridade Portuaria para ocupar espazo do dominio público portuario para executar e explotar un emisario submarino. Con esta proposta se desarrolllará unha infraestrutura de saneamento que conducirá as augas tratadas na estación depuradora de augas residuais dos Praceres e a súa futura ampliación, segundo fontes portuarias.
Relacionadas:
-
Celebración dun cuarto de século do Centro de Formación A Aixola de oficios do mar
Por Redacción |
-
Marín dá luz verde á proposta de adxudicación do proxecto do auditorio
Por Redacción |
-
Maersk transportará en tren contedores para carga conxelada entre Alxeciras e Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Suárez Costa espera que o porto de Marín acolla escalas de cruceiros de mediano tamaño
Por Oskar Viéitez |
-
A Autoridade Portuaria pedirá a adscrición dos terreos de Lourizán "con ou sen ENCE" e incluíndo os de Elnosa
Por Oskar Viéitez |