Amplían o horario de atención para realizar probas PCR sen cita no lateral do Hospital Provincial
Por Redacción
A partir do luns 20 de decembro ampliarase o horario de atención do posto de probas PCR gratuítas sen cita previa, que se atopa situado no aparcamento exterior do lateral do Hospital Provincial de Pontevedra.
A xerencia da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés decidiu ampliar o horario ás mañás para continuar realizando probas durante estas festas do Nadal. Desta forma, o luns 20, calquera persoa que o desexe poderá achegarse por estes postos sanitarios entre as 10.00 e as 14.00 horas para realizarse as probas e comprobar se se atopan contaxiados polo virus pandémico.
O dispositivo contará con dous equipos extractores e tres puntos administrativos para atender aos asistentes. Este horario manterase ata o sábado 8 de xaneiro.
Desde a xerencia indican que o servizo que se ofrece durante as tardes manterase no seu horario actual, de 15.30 a 20.00 horas, cun descanso para o persoal entre as 18.00 e as 18.30 horas.
Continúa rexistrándose unha gran asistencia de persoas a este punto a diario para someterse ás probas PCR, con colas de espera que se estenden pola rúa Loureiro Crespo.
Relacionadas:
-
Motivos dispares para facerse unha PCR
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Centos de persoas acoden a facerse unha PCR no día de Noiteboa
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Soben a 47 as persoas hospitalizadas por covid, con 9 afectados na UCI
Por Diego Espiño |
-
Dous novos falecementos de pacientes con covid elevan a 216 o número de vítimas mortais na área sanitaria
Por Redacción |
-
A pandemia segue disparada con 195 novos positivos nun día e 43 pacientes nos hospitais
Por Natalia Puga |
-
Amplían ata xaneiro as probas PCR sen cita previa no lateral do Hospital Provincial
Por Redacción |
-
Varias horas de cola para realizar unha PCR sen cita previa: "Deberían ofrecer esta opción permanente"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
O Sergas fará PCR sen cita previa no lateral do Hospital Provincial durante toda a ponte
Por Natalia Puga |