Esixen recuperar as tres aulas de infantil na escola Nosa Señora do Carme
Por Oskar Viéitez
O Partido Socialista reclamou este venres á Xunta que recupere a aula suprimida e os dous postos de mestres especialistas eliminados neste curso na Escola de Educación Infantil Nosa Señora do Carme, de Marín.
O PSdeG-PSOE presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Educación do Parlamento para reclamarlle a Educación que restaure o servizo tal e como estaba no curso anterior, que foi rexeitada polo PP.
A deputada socialista, Paloma Castro lamentou o voto en contra do PP a unha iniciativa que polo contrario si que respaldaron no Concello de Marín para "lavarlle a cara" á estratexia da Consellería de Educación, que "está a provocar unha situación "insostible" nos centros educativos para xustificar os seus recortes de recursos e profesorado".
O Partido Socialista denunciou que a situación desta escola "é outro exemplo do desleixo deste goberno pola educación pública", logo de ter reducido este mesmo ano 868 profesores que contrataran de reforzo pola Covid, que "eran os que o noso sistema necesitaba para cumprir coa legalidade".
Relacionadas:
-
"Non aos recortes no Centro de Saúde de Seixo", berro reivindicativo na concentración ante o Concello
Por Redacción |
-
O BNG considera "insuficiente" a actuación do Concello de Marín na defensa da Escola Nosa Señora do Carme
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE critica no Parlamento a redución de persoal da escola infantil Nosa Señora do Carme de Marín en plena pandemia
Por Redacción |