Os comerciantes de Echegaray recollerán firmas para esixir a reapertura da Barca
Por Oskar Viéitez
Os comerciantes de Echegaray recollerán firmas para esixir a reapertura do carril de saída da Barca. Foi o principal acordo alcanzado na reunión que este mércores celebraron un grupo de empresarios afectados polo sentido único do tráfico de entrada na cidade por esta ponte.
Segundo explicou José Vicente Martín, empregado da Ferraxaría Echegaray, nos próximos días os locais comerciais da zona encargaranse de sumar as firmas "todos cuantos se sientan perjudicados por la medida aplicada por el Concello de Pontevedra". Unha convocatoria que estenden máis alá dos residentes da zona xa que algúns veciños do municipio de Poio trasladaron a súa intención de adherirse a esta iniciativa.
Na asemblea celebrada este mércores participaron unha vintena de comerciantes que aseguraron que este corte de tráfico afectou moi negativamente aos ingresos dos seus negocios, algún chegou a cuantificar que as súas vendas se reduciron á metade.
Relacionadas:
-
Mosquera resta importancia ás críticas pola Barca: "o operativo está funcionando razoablemente ben"
Por Natalia Puga |
-
Anova critica a "improvisación" dos cortes na Barca e pide diálogo con veciños e comerciantes
Por Redacción |
-
O alcalde de Poio rexeita o corte de tráfico na ponte da Barca imposto "unilateralmente" por Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
O PP esixe a apertura "inmediata" ao tráfico de saída na ponte da Barca
Por Redacción |
-
Estudan que os cambios na circulación aplicados no contorno da Barca sexan definitivos
Por Alejandro Espiño |