A superficie de castiñeiro aumenta nun 230% nos montes de San Martiño de Vilaboa
Por Redacción
A Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa reduciu nos últimos 12 anos a presencia de eucalipto nun 17%, aumentou nun 13 % o piñeiro do país e nun 230% foi incrementado o castiñeiro.
Así se informou este domingo na Asemblea Xeral da Comunidade de Montes celebrada no CPI do Toural, onde se deu conta dos traballos realizados no último semestre de 2021.
Co novo proxecto de ordenación aprobado, no mapa futuro da parroquia o eucalipto descenderá até un 14% da superficie forestal, as frondosas autóctonas contarán cun 25% e dominará o piñeiro do país cun 50%. É de salientar a introdución de sobreiras, que contarán cun 5% da superficie para a produción de cortiza, un paso máis para a diversificación do monte, que complementa outros usos como o da madeira, dos cogomelos e da castaña.
Entre as problemáticas ás que se enfronta constantemente a Comunidade de Montes, destaca a presenza de lixo que é vertido no monte, prácticas incívicas que denuncian publicamente e que implican uns custos de xestión considerables para a organización veciñal.
Na mesma asemblea tamén se informou dos avances da construción do Tanatorio e da recuperación e mantemento do Parque de Castiñeiras, coa substitución de un tramo de valado, que será continuado nos próximos meses, e a sinalización e posta en valor do Roteiro das Mámoas, un percorrido circular quilómetros para a recuperación e divulgación dos restos arqueolóxicos e do ambiente natural da parroquia.
Igualmente, presentouse unha publicación en formato revista sobre a evolución do monte da parroquia desde 2009 até a actualidade, unha visión xeral dos diferentes aproveitamentos forestais, da aposta pola diversificación e multifuncionalidade do monte e dos investimentos en infraestruturas.
Relacionadas:
-
Denuncian dúas novas verteduras de entullos no monte comunal de Vilaboa
Por Redacción |
-
En marcha a Ruta das Mámoas para poñer en valor o patrimonio arqueolóxico de Marín
Por Redacción |
-
Os comuneiros dan por finalizada a última fase para a construción do Tanatorio de Vilaboa
Por Redacción |
-
Desaparece o valado de protección da Mámoa do Rei na contorna do Lago de Castiñeiras
Por Redacción |
-
O Lago de Castiñeiras loce con novas especies
Por Redacción |
-
Vilaboa abriu máis de 300 expedientes en 2021 a propietarios de fincas sen limpar
Por Redacción |
-
Primeira pedra do novo Tanatorio de Vilaboa que construirá a empresa San Marcos
Por Oskar Viéitez |
-
O voluntariado axuda a erradicar o eucalipto nos montes de Vilaboa
Por Redacción |
-
Os comuneiros de San Martiño dan o seu visto e prace ao anteproxecto do Tanatorio de Vilaboa
Por Redacción |