A Consellería de Emprego acredita a 120 militares a súa experiencia profesional en vixilancia e seguridade privada
Por Oskar Viéitez
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou este martes na Base General Morillo da Brigada Galicia VII (Brilat) en Pontevedra o acto de entrega dos diplomas e certificados cos que a Xunta acredita a experiencia profesional en vixilancia e seguridade privada a 120 militares profesionais de tropa e mariñeiría e reservistas de especial dispoñibilidade.
No seu discurso Lorenzana destacou que os diplomas certifican que "estáis más calificados en áreas vinculadas a la mejora de la calidad de vida y bienestar de la sociedad". Trátase de acreditacións en tres especialidades: en vixilancia e seguridade privada, en atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes e amarre de porto e monoboias.
Un convenio asinado entre a Xunta e o Ministerio de Defensa en 2020 permite participar no procedemento do recoñecemento da experiencia laboral ao persoal militar que teña unha relación de servizos de carácter temporal co Ministerio de Defensa, incluído o persoal que se atope en situación legal de desemprego, durante os dous anos posteriores a súa data de baixa nas Forzas Armadas.
O 94% dos traballadores que se presentaron á convocatoria de 2020 e o 100% dos avaliados en 2021 superaron as probas acadando, deste xeito, un recoñecemento oficial da competencia profesional e experiencia laboral en vixilancia e seguridade privada, dous aspectos que, segundo apuntou a conselleira, son "moi valorados" polas empresas á hora de contratar e requisito imprescindible non só para acceder ao mercado de traballo, "sino para mantenerse con éxito".
"Esta acreditación es llave para abrir nuevas puertas y oportunidades", dixo a conselleira.
Desde o ano 2011, cando se iniciou este proceso de recoñecemento da competencia profesional, a Xunta leva acreditado a máis de 14.000 galegos.
A convocatoria deste ano incluíu un total de 1.209 prazas en sete cualificacións profesionais: atención sociosanitaria a persoas no domicilio; en institucións sociais; servizos para o control de pragas; socorrismo en espazos acuáticos naturais; en instalacións acuáticas; operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural; e vixilancia e seguridade privada.
Relacionadas:
-
Unha militar da Brilat de 35 anos falece tras sentirse indisposta durante un exercicio de instrución
Por Natalia Puga |
-
Cerimonia sinxela e íntima na Brilat para festexar a súa patroa
Por Redacción |
-
Sete militares da Brilat resultan feridos ao caer nun noiro durante un exercicio de instrución en León
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada