Un séquito de paxes reais recollen cartas en Cuntis para os Magos de Oriente
Por Redacción
Achégase unha das datas máis esperadas polos máis pequenos: o día de Reis. E Cuntis recibiu nas últimas horas a visita dunha comitiva de paxes reais para recoller as peticións de agasallos para estas próximas datas.
Os representantes da realeza acudían ao CPI Don Aurelio, á gardería Pequenecos e á Casa Niño de Arcos para manter un encontro cos menores e escoitaron todas as demandas que trasladarán a Melchor, Gaspar e Baltasar.
Precisamente, o día 5 de xaneiro, os tres Meigos de Oriente percorrerán as parroquias de Cuntis, adoptando as medidas de seguridade derivadas do estado de pandemia, para saudar ao público infantil.
Manuel Campos, alcalde de Cuntis, sinalou que nesta edición, do mesmo xeito que sucedeu a principios de 2021, a cabalgata achegarase a todas as parroquias para levar a maxia destas festas a todos os fogares do municipio.
O rexedor tamén destacou o funcionamento durante estas datas do programa Cuntilín Nadal, unha actividade con propostas lúdicas e educativas para os escolares, que permite a conciliación familiar entre residentes de Cuntis.
Relacionadas:
-
O concurso de mega-adornos de Nadal en Cuntis concede os seus premios
Por Redacción |
-
O Nadal de Cuntis móvese entre a tradición e a innovación
Por Redacción |
-
Cuntis sae de novo á rúa para reclamar "unha atención sanitaria digna"
Por Redacción |
-
As familias do colexio Don Aurelio reclaman unha profesora de apoio e maior seguridade viaria
Por Redacción |