O Nadal de Cuntis móvese entre a tradición e a innovación
Por Redacción
A programación de Nadal do Concello de Cuntis vén cargada de actividades para todos os públicos: obradoiros de decoración e centros de mesa, obradoiro infantil de cociña, mercado de Nadal con diferentes obradoiros infantís, visita de Papá Noel e o Apalpador, Cabalgata de Reis, Vila de Nadal e Belén Solidario, IV Orientación Popular de Reis Vila de Cuntis a favor de Cáritas.
O Nadal é unha época de festexos e actividades para todas as idades en Cuntis. Así o comentan dende o goberno municipal, que deseñou unha ampla programación que comezou o 5 de decembro co acendido do alumeado e a actuación da orquestra "La Favorita".
O pasado sábado tivo lugar a tradicional celebración do Festival Folclórico de Nadal, a cargo da Agrupación de Música e Baile Tradicional de Cuntis. E este luns día 20 de decembro tivo lugar a visita dos paxes reais a gardería Pequenecos, o colexio Don Aurelio e a Casa Niño de Arcos de Furcos, onde os paxes reais partillaron coas crianzas e recolleron as cartas con tódolos desexos e agasallos. Sen dúbida foi a primeira experiencia para moitos pequenos que puideron desfrutar dun momento máxico.
A recepción na Casa da Cultura por parte de Papá Noel e o Apalpador, continúan os actos para as crianzas.
O día 24 de decembro terá lugar un Mercado de Nadal pola mañá para mercar os últimos agasallos. Serán variadas as actividades que acompañen a venda de produtos artesanais: un obradoiro e actuación do Mago Romarís, a visita de Papá Noel, troco de libros, descubre talentos de pintura e distintos obradoiros infantís. Todo na gran carpa da Praza terda Constitución a partir das 10:30 horas.