Choiva de millóns na Illa e Caldas co 91179, cuarto premio da Lotería de Nadal
Por Redacción
Dúas localidades de Pontevedra, A Illa de Arousa e Caldas de Reis, venderon gran parte dun dos cuartos premios do sorteo de Nadal da Lotería Nacional. O número agraciado foi o 91179.
A administración de loterías número 1 da Illa repartiu 18 millóns de euros, tras vender 92 series do número premiado.
A curiosidade é que ese número foi o elixido para as participacións de 5 euros que se fixeron para financiar a viaxe de fin de curso dos alumnos de cuarto da ESO do IES da Illa de Arousa.
Pola súa banda, en Caldas a encargada de repartir sorte foi a administración situada na rúa Juan Fuentes. De aí saíron outros 7,6 millóns, correspondentes a outras 38 series deste 91179.
Este cuarto premio tamén deixou beliscos en Vigo, O Porriño e A Coruña.
Cada décimo premiado está agraciado con 20.000 euros.
Relacionadas:
-
Todo un pobo con fortuna: "Está por toda A Illa, haberá poucas casas que non a teñan"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot & Alejandro Espiño |
-
A sorte chegou dun número ao azar: "O que non quería ninguén, para min"
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Os verdadeiros 'nenos da sorte' están na Illa de Arousa
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Décimos do 42833, cuarto premio da Lotería de Nadal, véndense en Bueu, Meis e A Illa
Por Redacción | Creada e actualizada