Abre o Mercadiño de Nadal dos artesáns de Vilaboa
Por Oskar Viéitez
O Concello de Vilaboa inaugurou este mércores o seu primeiro Mercadiño de Nadal para visibilizar o potencial creativo do rural.
Nesta primeira edición, instalada no Toural, participan nove artesáns de Vilaboa e un grupo de veciñas que enchen de opcións alternativas as seis casetas instaladas polo Concello para a adquisición dun agasallo diferente.
Pintura, xoiería artesanal, esmaltes, complementos en coiro, manualidades, alimentación ecolóxica, prendas de segunda man, repostería caseira e viño quente son algunhas das opcións coas que Vilaboa se posiciona na ampla oferta de mercadiños de Nadal.
Detrás de cada artigo e de cada produto hai unha historia de creación e de inspiración, a que lle imprime cada artesán participante: Víctor Tajes, Alberto Garabatos, Rocío Jiménez, Pilar Blanco, Iván e Diana; Xacobe García e Carlos Acuña.
O Mercadillo, que conta con iluminación e fío musical para ambientar a praza, permanecerá aberto ata o 6 de xaneiro en horario de 18 a 21 horas, agás os sábados, domingos e festivos no que a xornada se ampliará de 12 a 22 horas.