Será o teu o 'selfie' máis famoso do Nadal pontevedrés?
Por Redacción
Pontevedra vén de lanzarse á busca do mellor 'selfie' deste Nadal. Faino cun 'photocall' que estará na Praza de España ata o próximo 4 de xaneiro.
Alí, os cidadáns poderán probar unha espectacular cámara 360º, gravar un divertido vídeo, recibilo ao instante no seus móbiles e, por suposto, compartilo nas súas redes sociais.
"Temos que seguir vivindo estas festas con moita ledicia e queremos que a xente retrate o Nadal de Pontevedra como non o fixo nunca antes", subliña a concelleira Yoya Blanco, responsable da área de Promoción económica e Turismo.
A iniciativa de 'O selfie máis famoso do Nadal' permanecerá aberta en horario de 12:30 a 20:00 horas, salvo os días 24 e 31 de decembro (nos que abrirá só de 12:00 a 16:00 horas). As fins de semana do 25 ao 26 de decembro e do 1 ao 2 de xaneiro non funcionará.
Os organizadores animan á cidadanía a compartir as súas fotos nas redes sociais baixo a etiqueta #VideoSelfiePontevedra.
Os máis chamativos ou divertidos serán tamén compartidos nas redes sociais de Visit Pontevedra.
Relacionadas:
-
O rural e os barrios acollen este luns espectáculos de Nadal e maxia
Por Redacción |
-
Coas vacacións escolares, chegan concertos e espectáculos para o Nadal dos máis pequenos
Por Redacción |
-
85 establecementos comerciais participan no Conto de Nadal de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
O concurso de escaparates de Nadal capta a 76 comercios de Pontevedra
Por Redacción |