Demetrio Gómez e Sabela Bará encabezan o novo Consello Local do BNG de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O BNG de Pontevedra presentou ao novo Consello Local aprobado en asemblea esta semana.
Encabeza esta lista o concelleiro pontevedrés, Demetrio Gómez, que deixa a dirección comarcal da formación nacionalista. A nova vicerresponsable é Sabela Bará, profesora de ensino secundario, militante do BNG, e ata hai pouco de Galiza Nova, e responsable da mesa pola normalización lingüística na comarca.
Demetrio Gómez e Sabela Bará relevan no cargo a Raimundo González e Carme da Silva.
Demetrio Gómez apuntou que "temos a conciencia de que por diante hai un traballo inmenso que, en realidade, ningún outro grupo político pode afrontar nesta cidade". Destacou que o Bloque ten unha folla de ruta para Pontevedra "que nos converteu nun modelo a nivel mundial".
O novo Consello Local está composto por 39 persoas: Demetrio Gómez Xunqueira, Sabela Bará Louro, Anabel Gulías Torreiro, Miguel Anxo Fdez Lores, Eva Vilaverde Pego, César Mosquera Lourenzo, María Xosé Abilleira Novo, Luís Bará Torres, Lola Dopico Aneiros, Xoán Antelo Suárez, Marta Gómez Martín, Alberto Oubiña Piai, Carme Fouces Díaz, Xaquín Moreda González, Pilar Comesaña Hermida, Víctor Cal Pérez, Ana Peralba Lourenzo, Xosé Raimundo Tomé Pazos, María Rodríguez Martínez, Miguel Filgueira Touriño, Manuela Portas Rodiño, Xuxo Méndez Fernández, Uxía Couto Escobar, Xosé M. Freixeiro Rei, Lidia Torres Abal, Diego Bará Louro, Pilar Concheiro Filgueira, Marisa Sabajanes Torres, Xosé Muíños González, Sabela Fernández Varela, Víctor Almeida Domínguez, Aida Dantas Fuentes, Pedro Meilán López, Zeltia Pino Rodríguez, Alberte Abilleira Sanmartín, Anxos Riveiro Portela, Xerardo Justo Pazos, Carme da Silva Méndez, Raimundo González Carballo.
Como suplentes están María Xesús López Escudeiro, Manuel Bernárdez Vales, Nieves Cuéllar Redondo, Vicente Legísima García e Leonor González Prieto (Nené).