Quen se atreve cun metro de salchicha?
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Este 31 de outubro, a Praza do Teucro de Pontevedra volveu vestirse de branco e azul (cores da bandeira de Baviera e do Pontevedra Rugby Club) para achegar aos pontevedreses a máis grande das festas alemás. A carpa do Outubrofest abriuse na Praza do Teucro, en pleno corazón de Pontevedra. E aí estará ata o próximo 3 de novembro.
A organización mantén os mesmos prezos que fixeron que as edicións anteriores fosen un éxito. Ademais, este ano teñen unha nova proposta: salchichas dun metro.
En canto aos prezos, tres salchichas saen por 5 euros, e cinco salchichas 9, o codillo custa 6 euros, unha salchicha de medio metro 6 euros, o 'perrito' quente a 2 euros, e a salchicha dun metro 10 euros.
A cervexa rubia custa 3.5 euros a pinta e 6 euros o litro. A cervexa trigo: 3.5 euros a pinta e 6 euros o litro; e finalmente a cervexa tostada: 4 euros a pinta e 7 o litro.