Advertencia de Feijóo ao lecer nocturno: os que adianten as festas de Fin de Ano perderán as axudas
Por Alejandro Espiño
Aqueles locais de lecer nocturno que, como xa anunciaron, optaron por adiantar a este mércores as festas de Fin de Ano previstas para Noitevella, para esquivar as novas restricións pola pandemia, quedarán sen as axudas que ofrecerá a Xunta ao sector
"Todo parece indicar que non van ter dereito a indemnización", advertiu o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, que engadiu que "non van cobrar por non facer unha festa o 31 pero si outro día", porque iso non foi o pactado cos representantes do lecer nocturno.
A Xunta anunciara axudas de entre 2.5000 e 6.000 euros para os locais que optasen por non abrir os días 30, 31, 1 e 2 de xaneiro, para tratar de frear a curva de contagios entre os mozos. A súa actividade non debería retomarse ata o 4 de xaneiro.
Núñez Feijóo subliñou que "non se trata de adiantar a festa ata as cinco da mañá o día anterior e cobrar por non celebrar a festa o 31 e celebrala antes".
A este respecto, o titular da Xunta pediu ao lecer nocturno "corresponsabilidade" na saúde pública dos cidadáns ante un contexto epidemiolóxico "moi delicado".
Por iso, o dirixente autonómico pediu ao sector "paralizar" as festas de Fin de Ano e convidounos a adherirse ás axudas económicas ofrecidas.
Relacionadas:
-
Haberá control policial en Fin de Ano para evitar botellóns e a apertura do lecer nocturno
Por Oskar Viéitez |
-
O TSXG permite á Xunta que prohiba as reunións de non conviventes entre as 03.00 e as 06.00 horas
Por Anxo Lourido |
-
Galicia amplía a domicilios o 'toque de non queda' en Fin de Ano
Por Alejandro Espiño |
-
Os locais de lecer nocturno adiantan ou cancelan as festas de Fin de Ano
Por Oskar Viéitez |
-
En Fin de Ano as ceas terminarán á unha e o lecer nocturno pechará ás tres
Por Oskar Viéitez |
-
Feijóo anuncia "medidas proporcionadas" para reducir a interacción social en Fin de Ano
Por Alejandro Espiño |