Concentración para demandar á dirección de Ence que manteña a quenda de noite na portería da fábrica
Por Mónica Patxot & Redacción
Persoal de Ence, convocado polo comité de empresa da fábrica, concentrábase este xoves 30 diante das portas da factoría en Lourizán en solidariedade cos traballadores de portería da quenda de noite.
Toño Lafuente, presidente do comité de empresa de fábrica, pide á dirección de Ence que recapacite e dea marcha atrás na decisión de eliminar a partir do 1 de xaneiro a quenda de noite na portería de acceso ao recinto.
Afirma que esta decisión carece de xustificación e supón a perda de tres postos de traballo de persoal pertencente á subcontrata que realiza a súa función na planta pasteira situada na ría de Pontevedra.
Ademais, o presidente do comité alerta de que a supresión pode crear un problema de "seguridade gravísimo" porque as funcións que exercía este persoal serán asumidas agora a través dunha central externa, con sede fóra do municipio de Pontevedra.
Relacionadas:
-
A fábrica de ENCE iniciará o vindeiro luns a súa parada técnica anual
Por Oskar Viéitez |
-
Ence xa cubriu o máximo de produción da súas fábricas para o presente exercicio
Por Redacción |
-
Protesta de Ence nas rúas de Pontevedra: "Todos somos Ramiro"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Unha nova protesta de persoal de ENCE corta durante máis dunha hora o tráfico entre Pontevedra e Marín
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Rueda, sobre ENCE: "A fábrica é o de menos, o importante son os postos de traballo"
Por Alejandro Espiño |