Un ciclista resulta ferido leve tras un impacto cun turismo na avenida de Bos Aires
Por Redacción
Nesta xornada do 1 de xaneiro de 2022 rexistrábase un accidente de tráfico na avenida Bos Aires de Pontevedra, ás 13.35 horas, co resultado dunha persoa ferida, segundo informan fontes da Policía Local de Pontevedra.
Un turismo impactaba cun ciclista cando circulaba polas proximidades da rotonda da ponte dos Tirantes. Ata o lugar desprazábase unha dotación da Policía Local e unha ambulancia para atender ao ciclista que sufriu feridas leves.
O home foi trasladado ao Hospital Quirón Salud para que fora sometido a unha exploración médica e descartar maiores complicacións.