Abren o prazo para inscribirse aos cursos da Aula CeMIT de Cuntis
Por Redacción
A aula CeMIT de Cuntis ofrece para este mes de xaneiro cursos gratuítos e enfocados a todos os públicos e niveis. O prazo de inscrición xa se atopa aberto e as persoas interesadas poden apuntarse a través da web.
A oferta inclúe un curso de edición de imaxes con GIMP, que se impartirá de maneira virtual por videoconferencia. En anteriores edicións, esta opción obtivo unha gran acollida entre o público máis novo.
Establécense tamén dúas formacións sobre iniciación á informática e prácticas co smartphone, para calquera persoa que queira iniciarse no uso destas tecnoloxías con asesoramento para realizar as funcións máis básicas. Ademais, ofrécese un curso de deseño 3D para escolares.
Nesta iniciativa para 2022 ofértase a opción de certificar as competencias a través dun exame presencial para completar a formación presencial.
Manuel Campos, alcalde de Cuntis, considera que é moi importante esta formación porque o mundo actual é cada vez máis tecnolóxico e parte da poboación enfróntase a problemas para utilizar recursos debido ás súas dificultades para o acceso ás novas tecnoloxías.