Ferido leve o conductor dunha furgoneta que chocou contra un farol e o muro dunha vivenda
Por Redacción
O condutor dunha furgoneta de repartición resultou ferido leve ao mediodía deste luns nun accidente na zona da Lanzada, en Sanxenxo.
Segundo a información facilitada por fontes municipais, a furgoneta saíuse da vía e acabou impactando contra un farol e chocando contra o muro dunha vivenda.
O condutor resultou ferido leve e, tras ser atendido no propio lugar do accidente polos servizos médicos, foi trasladado por unha ambulancia a un centro sanitario.
O accidente sucedeu ao redor das dúas da tarde e ata o lugar no que se produciu trasladáronse efectivos da Policía Local e a Garda Civil de Sanxenxo, ademais dun equipo médico.