Adxudicados os traballos de instalación do novo parque de calistenia de Lourido
Por Redacción
A Xunta de Goberno Local de Poio aprobou na súa última sesión de 2021 a adxudicación do proxecto para a instalación dun parque de calistenia, o primeiro co que contará o municipio.
Esta área estará situada en Lourido, nas proximidades do parque de Costa Xiráldez, completando a oferta deportiva da zona.
A empresa Garopacrim Sociedad Limitada será a encargada de levar a cabo a instalación dos aparellos de adestramento, cun orzamento de 23.716 euros (IVE incluído) e coa previsión de que os traballos comecen ao longo do presente mes de xaneiro, segundo avanzou a concelleira Marga Caldas, confiando en que "en poucas semanas os aparellos estean xa a disposición da cidadanía".
A edil de Deportes defendeu que "se trata dun proxecto que é respectuoso coa contorna e non supón ningún tipo de impacto medioambiental, que permite volver a restituír a zona ao seu estado orixinal en caso de ser necesario".
En concreto está prevista a instalación en ao redor de 150 metros cadrados de aparellos para o adestramento e a realización de rutinas de fortalecemento muscular, coordinación, tonificación, forza ou flexibilidade.
Relacionadas:
-
Conclúen os traballos de instalación do primeiro parque de calistenia de Poio
Por Redacción |
-
Poio prevé o investimento de máis de 700.000 euros en infraestruturas deportivas durante 2022
Por Redacción |
-
O novo parque de calistenia de Poio emprazarase preto do parque de Costa Xiráldez e xa ten permiso de Costas
Por Redacción |
-
Lourido completará a súa oferta para a actividade física cun parque de calistenia
Por Redacción |