Os Orzamentos 2022 dan un paso máis e o venres superarán o seu último trámite
Por Redacción
O proxecto de Orzamentos Municipais de 2022 deu este luns un paso adiante máis e tan só están pendentes dun último trámite, a súa aprobación no Pleno da Corporación do venres 7 de xaneiro.
A Xunta de Goberno Local xa os aprobara o pasado 27 de decembro e este luns fixo o mesmo a Comisión de Economía e Facenda. Xusto este mesmo día, o PP debullou a emenda á totalidade que presentou o pasado xoves e o Goberno local criticou o seu contido.
O Goberno local destaca que son os orzamentos máis altos da historia de Pontevedra. Ascenden a 85.903.000 euros, o que supón un incremento de 5 millóns de euros, é dicir, un 6,4 % máis que o orzamento do ano pasado.
Destacan tamén que son unhas contas expansivas que se basean na aposta pola mellora dos servizos públicos e no incremento da partida de investimentos.
Relacionadas:
-
O Concello estenderá a xira divulgativa de orzamentos polas parroquias até mediados de febreiro
Por Redacción |
-
O PP pide ao Concello que tome medidas "inmediatamente" contra a "mala estruturación do orzamento" 2022
Por Redacción |
-
O Pleno aproba os orzamentos 2022 para Pontevedra, os máis altos da súa historia, co voto en contra do PP
Por Natalia Puga |
-
O PP debulla a súa emenda á totalidade aos Orzamentos 2022 mentres o Goberno local critica a súa "incapacidade"
Por Natalia Puga |