Sufocan un incendio no alpendre dunha vivenda en Samieira
Por Redacción
Efectivos da Policía Local de Poio, do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (Ges) de Sanxenxo, de Protección Civil de Poio e da Garda Civil interviñeron este luns para sufocar un incendio que se iniciou nun alpendre en Samieira.
Segundo a información facilitada pola Policía Local, o lume produciuse arredor das 20.10 horas deste luns nun alpendre dunha vivenda en Camino do Pazo, en Samieira.
Non houbo que lamentar datos persoais, tan só danos materias.
Agora, as Forzas de Seguridade investigan as causas do inicio do lume.