Publican unha guía coa información de todos os establecementos e profesionais do Concello de Barro
Por Redacción
O Concello de Barro publicou unha guía coa información de todos os establecementos comerciais e dos profesionais que forman parte do municipio. Trátase dunhas páxinas amarelas locais nas que se traballou desde o goberno local coa colaboración de 140 empresas e persoas autónomas.
A proposta busca visibilizar estas empresas e profesionais autónomos para que cheguen ao coñecemento da cidadanía fomentando a actividade comercial local. A guía divídese nas categorías de hostalería, comercio e servizos, coa posibilidade de localizar multitude de produtos e servizos que se ofrecen en Barro.
Durante estes días, o Concello reparte entre as vivendas un total de 2.000 exemplares. O Concello pretende con esta iniciativa dar publicidade ao comercio local. Realizarase tamén unha versión dixital dentro da páxina web do Concello de Barro para que se poida actualizar de maneira periódica e facilitar o acceso a través de dispositivos electrónicos.