O Concello de Moraña adxudicará a vindeira semana a humanización da Rúa 7, que terá prioridade peonil
Por Redacción
O Concello de Moraña impulsa un proxecto de humanización da Rúa 7. O alcalde, José Cela, adiantou que o proxecto xa estivo en licitación e será adxudicado a próxima semana.
A Rúa 7 ten un elevado uso residencial e alberga algunhas das instalacións públicas máis relevantes: o colexio CPI Santa Lucía, a gardería municipal, dous pavillóns e o campo de fútbol do Buelo.
Nos últimos anos xa se realizaron actuacións de mellora nestes espazos, entre elas, a ampliación das beirarrúas e a construción dunha pista multideporte e un circuíto de pumptrack. Agora, este proxecto busca unha mellor mobilidade urbana.
Será, segundo o alcalde, o "paso definitivo" para mellorar de xeito integral esta rúa, actuando no seu pavimento e mellorando os espazos para os peóns.
O obxectivo da obra é renovar todo o pavimento da calzada e habilitar plataforma única nos accesos aos centros educativos, para así eliminar as barreiras arquitectónicas destas entradas.
A zona terá prioridade peonil e mellorará a mobilidade e a accesibilidade desde o cruce da Rúa 7 coa PO-221 ata o final do tramo, antes da rotonda do campo de fútbol. A superficie total sobre a que se actuará é de 7.233 metros cadrados. Tamén se renovará o pavimento nas Rúas 15, 16 e 17.
Este proxecto suporá un investimento de 140.693,68 euros (IVE incluído), que se investirán con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, e o prazo de execución será de 3 meses.
Relacionadas:
-
A Rúa 7 de Moraña estrea nova imaxe coa renovación do seu pavimento
Por Redacción |
-
A falta de materiais paraliza as obras do campo de fútbol de Mirallos
Por Redacción |
-
Moraña mellora a súa sinalización turística e patrimonial
Por Redacción |
-
Case doce millóns investirá a Deputación en 2022 nos concellos da área de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Mellora de pavimentacións na parroquia de Lamas, en Moraña, para aumentar a seguridade viaria
Por Redacción |