A área sanitaria afrontará a noite de Reis cun novo récord: 7.047 casos activos
Por Redacción
Continúa o incremento diario de casos covid na área sanitaria. Este mércores, véspera de Reyes, a Consellería de Sanidade notifica un total de 7.047 infectados, 352 máis que na xornada do martes 4.
Pola contra constátase unha baixada de persoas ingresadas, cinco menos que onte, ao establecerse 50 persoas nos hospitais da área diagnosticadas con coronavirus. 35 atópanse en planta do Hospital Montecelo, dous no Hospital do Salnés e catro no Hospital Quirón Salud de Pontevedra. A esta cifra súmanse nove persoas que continúan graves na unidade de Coidados Críticos de Montecelo.
O municipio de Pontevedra tamén incrementa o número de positivos para situarse en 2.387, un total de 49 casos máis que o martes.
Nas últimas horas, a Consellería comunicaba a morte dunha muller de 87 anos, que se convertía na vítima 231 con covid-19 desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Desde o inicio do plan de continxencia do COVID-19 curáronse 24.705 pacientes (143 máis que onte).
Fixéronse 1.190 probas diagnósticas nas últimas 24 horas co resultado de 497 novos positivos, 56 máis que o martes.
<papple color="" emoji",="" "segoe="" ui="" notocoloremoji,="" symbol",="" "android="" emojisymbols;="" font-size:="" 16px;"="">
SEGUE O AUMENTO DE CONTAXIOS EN GALICIA
A Consellería de Sanidade tamén ofrecía os datos deste mércores en Galicia nos que seguen a subir os casos activos alcanzando os 56.456 na comunidade autónoma, 3.868 máis que na xornada anterior.
Desta cifra, 354 pacientes atópanse hospitalizados, 19 menos que o martes, e 56 persoas, unha máis, mantéñense nas distintas unidades de Coidados Críticos.
Por áreas sanitarias, os casos activos son os seguintes: Vigo: 12.724 (+522); Santiago-O Barbanza: 10.567 (+867); A Coruña-Cee: 10.373 (+786); Pontevedra-O Salnés: 7.047 (+352); Ourense: 6.549 (+601); Lugo: 5.549 (+481) e Ferrol: 3.647 (+259).
Galicia rexistra 4.965 novos positivos nas últimas 24 horas. Trátase de 1.150 infeccións máis respecto a a xornada do martes e 396 máis en relación ao mércores da semana anterior.
Durante as últimas horas, Saúde Pública comunicaba catro novos falecementos elevando a cifra de decesos desde o inicio da pandemia a 2.786 pacientes, mentres que os curados soben a 206.301 persoas, 1.093 máis respecto a onte.
Relacionadas:
-
Os casos activos de covid non frean o seu ascenso e son xa 7.494 tras unha xornada con 507 novos contaxios
Por Diego Espiño |
-
Avanza o incremento de casos activos, con 307 máis, chegando a 7.354 na área sanitaria
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Falece unha muller de 87 anos ingresada no CHOP con covid-19, a morte 231 da pandemia
Por Natalia Puga |
-
Segundo test gratuíto para os galegos de 5 a 11 anos antes de volver ás aulas o 10 de xaneiro
Por Natalia Puga |
-
Presión "cada vez maior" en atención primaria e urxencias e dez hospitalizados máis nunha semana
Por Natalia Puga |
-
Ascende o número de persoas hospitalizadas por covid-19 despois das principais festas de Nadal
Por Redacción |