Un local de copas da Avenida da Mariña, denunciado por estar en funcionamento ás 05.30 horas
Por Redacción
A Policía Local de Vilagarcía de Arousa comunica que durante as últimas horas tramitáronse un total de dez denuncias derivadas de incumprimentos da normativa sanitaria en vigor, establecida pola Xunta de Galicia.
As situacións rexistrábanse durante a madrugada deste mércores. A máis destacable é a denuncia presentada a un local de copas situado na avenida da Mariña. Ás 05.40 horas este establecemento permanecía en funcionamento saltándose os horarios de peche que decretara o executivo autonómico. Segundo consta na denuncia, os clientes atopábanse no interior do local consumindo.
O resto de denuncias tramitáronse a persoas que non levaban posta a máscara, en dous caso, e as sete restantes preséntanse porque había cidadáns que se saltaron o "toque de non queda". Esta medida prohibe a persoas non conviventes reunirse e saír en grupo entre as 03.00 e as 06.00 horas.
Algunhas desas denuncias correspóndense, segundo a Policía Local, a clientes do bar que se atopaba aberto a esas horas.
Relacionadas:
-
Trasladan unha muller ao Hospital do Salnés despois de sufrir un atropelo na avenida de Vilanova
Por Redacción | Creada e actualizada